InicioEconomíaLópez Veiga insiste en que a concesión de Vulcano expira en 2027...

López Veiga insiste en que a concesión de Vulcano expira en 2027 “e non é prorrogable”

O administrador concursal defende que a concesión debía formar parte da liquidación da Unidade Produtiva, mentres que o Porto sostén que, unha vez disolta a empresa, a concesión extínguese e volve ao Porto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, insistiu este venres en que a concesión administrativa do espazo portuario onde está o estaleiro Vulcano (cuxa sociedade xa está extinguida) expira en 2027 “e non é prorrogable”.

López Veiga explicou que non se produciron novidades sobre o futuro desas instalacións e da concesión, e lembrou que a toma de decisións está paralizada á espera de que se pronuncie o Tribunal de Conflitos Xurisdicionais. “O que todos queremos é seguridade xurídica. O Tribunal dará unha solución e acabarase a incerteza”, apostilou.

En todo caso, insistiu en que “o 2027 está aí”, e é o prazo no que expira a concesión. “E non é prorrogable, iso sábeno todos”, resolveu.

A quebra do estaleiro Vulcano e a súa posterior liquidación abriu unha polémica acerca da concesión administrativa dese espazo, xa que o administrador concursal defende que a concesión debía formar parte da liquidación da Unidade Produtiva, mentres que o Porto sostén que, unha vez disolta a empresa, a concesión extínguese e volve ao Porto.

Aínda que a Audiencia Provincial deu a razón á administración concursal, un ditame (non vinculante) do Consello de Estado estableceu que a concesión quedaba extinguida. Ante a disparidade de criterios, o Porto solicitou que o Tribunal de Conflitos de Xurisdición se pronunciase para determinar cal das dúas posicións debe prevalecer.

A situación na que quede a concesión é determinante para decidir o futuro do antigo estaleiro, xa que un espazo e unhas instalacións obsoletas, sen concesión, non espertan o mesmo interese aos investidores. De feito, a única empresa que fixo unha oferta polas instalacións de Vulcano, Marina Meridional, trasladou os seus reparos, precisamente pola extinción da concesión dentro de só 7 anos.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...