InicioSociedadeDecretada corentena para toda unha clase dunha gardería de Vigo por un...

Decretada corentena para toda unha clase dunha gardería de Vigo por un caso de coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous casos positivos por coronavirus COVID-19 en senllas gardarías das localidades de Negreira e Vigo levaron a decretar corentena para unha aula en cada centro.

En Vigo, segundo confirmou a Consellería de Política Social, decretouse corentena para unha aula da Escola Infantil Lacaba, na Avenida de Europa, despois de detectarse o caso positivo dunha menor do grupo de 2-3 anos.

Tal e como se establece no protocolo de seguridade sanitaria, púxose en corentena a todos os nenos desa aula (11 menores) e á súa profesora, á espera dos resultados das probas PCR que se lles realizarán nas próximas horas. No caso de que os resultados do test sexan negativos, apuntaron fontes de Política Social, os nenos poderán volver á aula o vindeiro luns.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...