InicioSociedadeBaixan levemente os casos de Covid na área de Vigo

Baixan levemente os casos de Covid na área de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia detectou 209 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, unha cifra menor aos 236 contaxios notificados o domingo. En canto aos casos activos, reducíronse en 17, ata os 4.264. Unha redución que tamén se produce na área de Vigo, con cinco casos activos menos.

Segundo os datos feitos públicos este luns pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do domingo, o número de persoas curadas aumentou nun día en 218, ata o total de 15.440 desde o inicio da pandemia.

Ademais, as mortes subiron en oito con respecto ao parte ofrecido este domingo, polo que as vítimas mortais que deixa o coronavirus na Comunidade son un total de 689. Os últimos falecementos correspóndense con dous homes, de 88 e 79 anos, ingresados no Hospital de Verín (Ourense) e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), respectivamente; e unha muller de 75 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que proviña da residencia Vos Gozos, en Pereiro de Aguiar.

Por áreas sanitarias, son tres as que rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra é a que máis sobe, con 33 novas persoas infectadas que pon o total en 503. Tamén aumentan os casos activos, aínda que lixeiramente, na área de Ferrol, ata 186 (+2), e na de Ourense, a 482 (+9).

En canto ao resto, todas anotan descensos nos contaxiados de coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade, un total de 1.297 casos activos, pero baixan en sete con respecto a este sábado. Ademais, descenden en Lugo, ata 795 (-19); en Santiago, ata 640 casos activos (-30); e en Vigo, a 361 (-5).

Así mesmo, Sanidade notificou este luns que o número de PCR realizadas ata o momento en Galicia desde o inicio da pandemia é de 398.112, o que significa que en 24 fixéronse un total de 3.478 probas.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...