InicioSociedadeA Xunta impón restricións aos municipios de A Guarda e O Rosal...

A Xunta impón restricións aos municipios de A Guarda e O Rosal pola pandemia

Tamén toma medidas en Laxe, Lalín, Vilaboa e Poio. A capacidade en locais comerciais e terrazas destes concellos non poderán superar o 50% desde a medianoite deste venres a sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade decidiu estender as medidas restritivas para loitar contra a COVID-19 ao municipio coruñés de Laxe e aos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, onde entrarán en vigor desde a medianoite deste venres a este sábado.

Así o decidiu o subcomité clínico de expertos encargados de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. Entre as medidas que teñen que adoptar todos estes concellos, destacan a limitación da capacidade ao 50 por cento en establecementos comerciais, de restauración e hostalaría, onde estará prohibido o consumo en barra, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino, entre outros.

Así mesmo, limítanse a dez as reunións tanto en lugares privados como na vía pública, ademais de reducir a capacidade en eventos como vodas, bautizos e comuñóns, –50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre–, aínda que neste caso non entrará en vigor ata o luns.

A intención de Sanidade, tal e como explicou, é “poder actuar de forma máis selectiva e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta”, así como “acoutar ao máximo a expansión do virus” a través de restricións en determinadas actividades “xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios”.

EN VIGOR DESDE ESTE SÁBADO

Todas estas instrucións acordadas polo subcomité clínico serán publicadas na tarde deste venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxectivo de que rexan desde as 00,00 horas deste sábado –salvo para vodas, bautizos e comuñóns, que o farán o luns–. A ampliación ou redución destas medidas será revisada no prazo máximo dunha semana.

Esta decisión para facer fronte á pandemia da COVID-19 xa permanece activa en Lugo, Santiago, Ourense, Carballo, A Laracha e en barrios da Coruña, onde se estenderon á próxima semana; e en Pontevedra e Ponteceso, onde entraron en vigor este mércores. Con todo, a capacidade de terrazas estableceuse nestes municipios ao 75%.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...