InicioSucesosUn total de 20 feridos tras envorcar un autobús en Oia

Un total de 20 feridos tras envorcar un autobús en Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un autobús envorcou a últimas horas deste martes, 8 de setembro, en Mougás, Oia, provocando unha vintena de feridos, algúns deles, ata oito, foron trasladados a distintos hospitais, a maioría, ao Álvaro Cunqueiro.

Segundo informan fontes consultadas por Galicia Confidencial, o autobús prestaba un servizo discrecional para traballadores de Citröen (PSA) que regresan da factoría ata a Guarda.

O motivo do accidente tería sido un animal, probablemente un cabalo, que se cruzou na estrada. O impacto con este animal tería provocado a saída do vehículo e que acabara envorcando.

En concreto, segundo fontes de emerxencias, o suceso tivo lugar pouco antes das 23,00 horas, no quilómetro 26 da estrada PO-552, que une Vigo coa Guarda, concretamente ao seu paso pola parroquia de Mougás.

Segundo a información do 112-Galicia, a maioría dos pasaxeiros lograron saír polo cristal traseiro do vehículo polo seu propio pé, polo que non foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño, que foran alertados.

A maior parte dos feridos, os máis leves, foron trasladados nun autocar da mesma compañía ata o centro hospitalario de referencia, mentres que os que presentaban lesións de máis consideración, un total de sete, foron en ambulancias ata distintos hospitais.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...