InicioSociedadeUns 9.000 traballadores da área de Vigo pasarán un cribado para a...

Uns 9.000 traballadores da área de Vigo pasarán un cribado para a detección de COVID

As persoas ás que se lles vai a realizar a proba están a ser citadas mediante chamada telefónica ou mensaxe SMS, para indicarlles o lugar, día e hora da toma da mostra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade iniciou o cribado simultáneo de traballadores de diversos sectores na área de Vigo, aos que se realizarán 9.000 probas para detectar posibles casos de infección por coronavirus, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Así, os test rápidos de anticorpos de dobre branda empezaron a realizarse este xoves a uns 885 traballadores de escolas infantís, que se suman aos 7.500 docentes aos que xa se lles empezaron a facer as probas este mércores.

Ademais, de forma simultánea, puxéronse en marcha o test para xornaleiros da vendima, e someteranse a eles uns 500 temporeros.

A finalidade do Sergas é “ter cribados a estes colectivos nos próximos 15 días“. Para iso, habilitáronse outro punto de toma de mostras, na planta 0 do Hospital Álvaro Cunqueiro, que se suma ao xa existente no Hospital Meixoeiro.

As persoas ás que se lles vai a realizar a proba están a ser citadas mediante chamada telefónica ou mensaxe SMS, para indicarlles o lugar, día e hora da toma da mostra.

A extracción realízase mediante unha punción no dedo, coa que se obtén unha pinga de sangue, e o resultado da mostra pode coñecerse nuns 10 minutos. Se fose positivo, activaríase o protocolo establecido e realizaríanse novas probas diagnósticas.

Este test de dobre banda permite non só detectar casos positivos de COVID-19, senón tamén saber cales son casos activos e cales son persoas inmunizadas. Así, pódense diferenciar as infeccións agudas, as máis avanzadas ou aquelas xa curadas.

Este tipo de probas xa se fixeron no seu momento no cribado do persoal do Sergas, así como de traballadores de servizos esenciais: corpos e forzas de seguridade, bombeiros, gardacostas, oficinas de farmacia, etc.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...