InicioSucesosDetido por golpear e pisar a cabeza á súa parella

Detido por golpear e pisar a cabeza á súa parella

O suposto autor do ataque estaba no interior do piso que ambos comparten e pouco despois saíu ao encontro dos axentes, aos que pediu que o levasen detido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 33 anos de idade, J.G.A., natural de Moaña, como presunto autor dunha violenta agresión á súa parella da que, ademais, ten en vigor unha orde de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do luns, no barrio de O Calvario, cando o 092 recibiu un aviso dunha testemuña que alertaba de que se estaba producindo unha violenta agresión por parte dun home a unha muller.

Cando os axentes chegaron, atoparon a vítima tendida no chan, á entrada dunha vivenda, en compañía dun mozo que a estaba atendendo e que xa avisara a unha ambulancia.

A muller relatou que a súa parella a agarrou polo pescozo, tirándoa ao chan, e que lle pisou a cabeza, ademais de golpeala en diversas partes do corpo. A vítima axudouse dun pau para defenderse e poder fuxir do agresor, un relato que corroborou a testemuña.

O suposto autor do ataque estaba no interior do piso que ambos comparten e pouco despois saíu ao encontro dos axentes, aos que pediu que o levasen detido porque, admitiu, quebrantara unha orde de afastamento da muller (extremo que confirmou a Policía ao comprobar os seus datos).

O home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de quebrantamento de condena, e tivo que ser evacuado a un centro médico para que lle atendesen dunha ferida nunha tempa, provocada por un golpe da muller cando se defendía.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...