InicioSociedadeVigo xa non é a excepción en Galicia e suma 11 casos...

Vigo xa non é a excepción en Galicia e suma 11 casos nunha semana que volve a cifras do confinamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia non para de subir e Vigo xa non é unha excepción, con 11 novos casos, a pesar de ser a área sanitaria con menos contaxiados nos últimos días.

Galicia está xa en 2.306 positivos este domingo, o que supón 158 máis que o sábado, de acordo co último parte da Consellería de Sanidade. Unha espectacular suba que se deu, especialmente, na última semana. A metade dos pacientes que teñen actualmente o virus concéntranse na área sanitaria da Coruña-Cee.

Todas as áreas experimentan incrementos este domingo e os máis destacados en números absolutos son os de Santiago, que suma 40 e chega a 212, e A Coruña, que sobe en 40 e alcanza un total de 1.207 contaxios activos. Esta última área representa o 52,3 por cento dos 2.306 casos activos, aínda que o seu peso no total baixou nos últimos días.

A área de Lugo ten 304 casos activos, que son 26 máis que hai 24 horas, e a de Ourense sitúase en 203 –oito máis que o sábado–; mentres que Vigo ten 154 –11 máis–; en Pontevedra constan 120 –24 máis–; e en Ferrol son 106 –nove máis–.

De acordo coa última actualización dos datos, en Galicia morreron 632 persoas coa enfermidade, tras o catro falecementos coñecidos o sábado –dúas mulleres nun hospital da Coruña, un home na residencia Orpea de Culleredo e outro usuario da residencia do Incio cuxa defunción se produciu no hospital de Lugo–. Polo momento, na Comunidade curáronse 11.889 persoas, que son 74 máis que hai 24 horas, e realizáronse 302.859 PCR, que son 3.837 máis que o sábado.

ÚLTIMAS

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...