InicioSucesosDetido en Vigo tras non levar a máscara: "Así vou poder comer...

Detido en Vigo tras non levar a máscara: “Así vou poder comer gratis”

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, C.M.G., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado contra a autoridade, tras agredir aos axentes que o instaron a porse a máscara cando camiñaba pola vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, C.M.G., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado contra a autoridade, tras agredir aos axentes que o instaron a poñerse a máscara cando camiñaba pola vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado martes, cando varias dotacións de Policía Local e Policía Nacional atopábanse na rúa Doutor Corbal, atendendo un requirimento por un conflito entre particulares debido ás súas mascotas.

Cando estaban no lugar, os axentes observaron a un individuo que camiñaba cunha muleta, fumando e sen máscara. Ao achegarse, os axentes advertíronlle de que non podía fumar e que debía poñerse a máscara e respectar a distancia de seguridade.

O home respondeu de forma despectiva, alegando que non tiña máscara e que tampouco pensaba apagar o seu cigarro. Cando un dos policías facilitoulle unha máscara, o home colocoulla no queixo e seguiu fumando, polo que foi advertido de que sería proposto para sanción.

Ao persistir na súa actitude de desobediencia os axentes identificárono e o home comezou a achegarse aos funcionarios e a pedir que o detivesen, afirmando que “a asistenta social non lle pasaba pensión e así podería comer gratis”.

A pesar dos intentos dos policías por que depuxese a súa actitude, o home seguiu comportándose de forma hostil e encarouse cun axente, ao que golpeou nun brazo, polo que tivo que ser reducido e detido.

Ao introducilo no vehículo policial, este veciño de Vigo comezou a dar golpes e a revolverse, causando algúns danos no coche, polo que a Policía solicitou unha ambulancia para que un facultativo avaliase a posibilidade de sedalo.

Xa na ambulancia, e a pesar de estar inmobilizado, o home autolesionouse en presenza dos sanitarios, e procedeuse ao seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro para unha avaliación psiquiátrica.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...