InicioMedio Ambiente e PatrimonioRescatan a dous cans pechados nun coche en Vigo, expostos a altas...

Rescatan a dous cans pechados nun coche en Vigo, expostos a altas temperaturas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo informou este martes do rescate de dous cans que se atopaban encerrados nun vehículo estacionado nunha rúa da cidade olívica, e que estaban expostos a altas temperaturas, sen apenas ventilación nin auga.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado sábado, cando o 092 recibiu varios avisos sobre a situación de dous cans que se atopaban no interior dun coche aparcado na rúa Barcelona.

Ao chegar, os axentes comprobaron que os animais non tiñan auga dispoñible e que os portelos do coche apenas estaban baixadas uns poucos centímetros. Dado que a temperatura exterior era duns 28 graos e, posiblemente, sería máis alta no interior do coche, os funcionarios trataron de localizar ao propietario do mesmo.

Tras realizar varias xestións que resultaron infrutuosas, a Policía optou por trasladar o vehículo ao depósito municipal, onde outro axente o abriu sen causar danos e puido dar comida e bebida aos animais.

O dono do coche, I.E.R., de 47 anos de idade, presentouse no depósito pasadas as 18,30 horas e alí informóuselle da situación na que se atopaban os cans. Así mesmo, trasladóuselle que sería proposto para sanción por unha presunta infracción da lei de protección e benestar animal.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...