InicioEconomíaO Concello de Vigo adxudicará a próxima semana as obras dos accesos...

O Concello de Vigo adxudicará a próxima semana as obras dos accesos á nova estación de Urzáiz

O orzamento supera os 11,8 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Vigo adxudicará na súa xunta deste luns as obras dos accesos á nova estación de Urzáiz, cuxo orzamento supera os 11,8 millóns de euros, e o plan de seguridade e saúde das mesmas, que supón un custo de 120.000 euros.

O alcalde, Abel Caballero, explicou que as obras comprenden a conversión en túnel da saída da urbe á autoestrada mediante a rúa Lepanto e a eliminación do paso elevado. Ademais, inclúen as conexións da AP-9 coa estación de tren e a de autobuses e instalacións e balizamentos.

Estes traballos enmárcanse no convenio cuxa adenda foi asinada en Vigo a pasada semana polo Concello, Adif e a Xunta e que tamén contempla que o Goberno galego acometerá o acceso directo da estación de autobuses que executa á autoestrada.

Abel Caballero avanzou que na xunta de goberno do próximo luns adxudicarase tamén a humanización do espazo comprendido entre a futura estación de autobuses, a terminal ferroviaria e as remodelacións dos accesos á autoestrada.

A este respecto, concretou que o orzamento desta actuación supera os 1,2 millóns de euros e permitirá dotar á zona duns 4.000 metros cadrados de espazo verdes.

Tamén se inclúen no proxecto novas redes de abastecemento, pluviais, rega, saneamento e telecomunicacións, ademais da instalación de mobiliario urbano, unha nova iluminación pública e a colocación de árbores e zonas axardinadas.

Mentres, o alcalde lamentou que a remodelación da Praza da Estación non se poida adxudicar este luns debido a que permanece pendente un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e criticou a “lentitude” da súa emisión.

ÚLTIMAS

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...

O Mundial de Vigo terá que agardar: Xunta e Deputación rexeitan reunirse en plena campaña electoral

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...