InicioSucesosMorre un motorista de 22 anos nun accidente no Rosal

Morre un motorista de 22 anos nun accidente no Rosal

O mozo, que facía uso do caso, saíuse da vía pola marxe esquerda e chocou contra un noiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista de 22 anos e veciño da Guarda faleceu ao sufrir un accidente de tráfico cando circulaba pola PO-552, á altura do municipio do Rosal.

Segundo informou a Garda Civil, o accidente tivo lugar ás 18,00 horas no quilómetro 52,4 desta estrada que une as localidades de Vigo e Tui.

En concreto, o mozo, que facía uso do caso, saíuse da vía pola marxe esquerda e chocou contra un noiro.

O 112 Galicia sinalou que, a pesar dos esforzos do persoal sanitario desprazado ao lugar, o mozo faleceu no punto.

Ademais dos servizos sanitarios, tamén foi mobilizado o GES da Guarda, así como a Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...