InicioEconomíaO xuíz acepta a venda de Vulcano coa concesión a Marina Meridional,...

O xuíz acepta a venda de Vulcano coa concesión a Marina Meridional, propiedade de José Alberto Barreras

O Porto de Vigo presentara unha reclamacjión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, aceptou venda do estaleiro Vulcano, que se atopa en liquidación, xunto coa concesión administrativa á empresa Mariña Meridional, propiedade de José Alberto Barreras e as súas fillas.

Na resolución, contra a que cabe recurso de reposición, o maxistrado aceptou a que foi a única oferta presentada e que se elevou a 7,8 millóns de euros. Así, requiriu á sociedade que compareza o día 22 de setembro de 2020 ás 12,00 horas nunha notaría de Vigo para “formalizar a escritura de venda e realizar o pago do prezo estipulado”.

O xuíz advertiu de que non presentarse nesta notaría na data sinalada “suporá ter por desistida á sociedade ofertante con perda do depósito constituído”. Así mesmo, o maxistrado lembrou que o pasado 20 de novembro de 2019 ditouse un auto que aprobou o plan de liquidación do estaleiro vigués.

Tamén sinalou que o pasado 6 de maio a Audiencia Provincial de Pontevedra ditou un auto polo que desestimou a apelación interposta pola Avogacía do Estado, en representación do Porto de Vigo, que entendía que a concesión administrativa debía excluírse da venda. Deste xeito, a resolución xudicial considerou que se debía manter “a vixencia da concesión administrativa” e que esta formaba parte da unidade produtiva a efectos da súa venda.

Posteriormente, o 6 de xullo, Marina Meridional presentou a única oferta para a compra de Vulcano. Así, o xuíz apuntou que o informe da administración concursal considerou válida esta proposta, “ao cumprir os requisitos establecidos no plan de liquidación”, polo que a aceptou.

OFERTA

En concreto, Marina Meridional aspira a crear un Holding Naval orientado á construción, a reparación, o mantemento e o acondicionamento de buques nas instalacións de Teis cuxa viabilidade foi defendida por José Alberto Barreiras. Para iso, busca constituír unha nova empresa, previsiblemente denominada Estaleiros Meridional de Vigo.

Aínda que o auto emitido polo Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra sinala que o próximo 22 de setembro deberase realizar o pago, Barreras apuntou hai dúas semanas que buscaba evitar asumir de modo inmediato o abono da totalidade do custo e atrasalo ata a próxima primavera.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...