InicioSociedadeSeguen aumentando os positivos de Covid-19 na área sanitaria de Vigo

Seguen aumentando os positivos de Covid-19 na área sanitaria de Vigo

Son xa 35, tres máis ca onte. No conxunto de Galicia hai un total de 217 positivos, 21 máis que este sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia acumula tres días consecutivos de repunte no número de casos activos de COVID-19. Segundo os datos facilitados este domingo pola Consellería de Sanidade, hai un total de 217 positivos, 21 máis que este sábado.

A área sanitaria con máis casos é a de Lugo –onde se inclúe o brote da Mariña–, con 85 activos, cinco máis que o parte anterior. Tamén aumentan os contaxiados na da Coruña, ata 59 (+7); a de Pontevedra, ata 19 (+4); a de Santiago, a 13 (+2); e a de Vigo, ata os 35 (+3).

No lado oposto, a área sanitaria de Ourense, onde as altas contabilizadas permitiron que baixen en dous os casos activos de coronavirus, ata os 6, mentres que a área de Ferrol continúa este domingo como a única libre de COVID-19.

De acordo coa información da Consellería de Sanidade, do total de pacientes positivos, hai un na UCI e 11 atópanse en unidades de hospitalización, posto que a área da Coruña contabiliza un máis que o sábado. Os restantes, 205 contaxiados, están en seguimento domiciliario.

Ata este domingo, Galicia rexistra 11.220 persoas curadas –nove máis que o parte anterior– e 619 falecementos, dos que 274 están relacionados con residencias de maiores. A cifra de mortes que deixa a pandemia permanece sen variación desde o pasado 10 de xuño.

En canto aos casos de COVID-19 en residencias, a situación continúa estable desde o venres, cando Sanidade notificou o positivo dunha traballadora dun centro de Xove (Lugo) que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña.

O número de PCR realizadas en Galicia ata o momento é de 243.152, o que supón 1.440 probas máis con respecto aos datos do sábado.

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...