InicioSucesosUn falecido e dous feridos ao caer co coche desde unha pequena...

Un falecido e dous feridos ao caer co coche desde unha pequena ponte na Cañiza

O vehículo caeu nun pequeno río.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas ao caer co coche a un arroio nun grave accidente ocorrido este sábado na Cañiza.

Segundo informa o 112 Galicia, produciuse ao redor das 18,50 horas no lugar de Regueira do Aceval, onde o vehículo caeu desde unha pequena ponte cara a un pequeno río.

Os tres ocupantes do coche accidentado, dos que un deles morreu, quedaron atrapados, polo que se solicitou a axuda dos bombeiros de Ponteareas e do Baixo Miño para a súa excarceración.

Neste sinistro tamén interveu Urxencias Sanitarias-061, que trasladou ao momento dúas ambulancias e un helicóptero medicalizado, segundo confirman fontes deste servizo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...