InicioSociedadeSeguen aumentando os positivos de Covid-19

Seguen aumentando os positivos de Covid-19

Xa son 196 en Galicia, 32 deles na área de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia volveu experimentar unha nova repunta dos casos activos de Covid-19 este sábado, no que a cifra total sobe a 196, 16 máis que o pasado venres, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

A área sanitaria con máis casos é a de Lugo, con 80 activos, mesma cifra que no parte do día anterior. A Coruña, con 52 casos, é a área sanitaria na que máis crecen os activos con nove máis respecto ao venres.

Así mesmo, Vigo ten 32, un máis que o venres e na área sanitaria de Pontevedra están activos 15 casos de COVID-19 –catro máis que este xoves–. 

Pola súa banda, os dous casos detectados en Barbadás fan subir a oito os activos en Ourense, mentres que o resto de área sanitarias non presentan cambios respecto ao venres: Santiago ten 11 e Ferrol segue libre de Covid-19.

Segundo a información de Sanidade, o número de persoas hospitalizadas mantense nas 10 que había o venres, un deles na UCI –desde o pasado domingo non había ningún–. Un total de 185 afectados están no seu domicilio.

Ata o momento, Galicia rexistra 11.211 persoas curadas e 619 falecementos. A cifra de mortes por coronavirus permanece sen variación desde o 10 de xuño.

En canto ás residencias, a situación está igual que o venres, cando o Sergas notificou o caso dunha traballadora unha residencia de Xove que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...