InicioSucesosIdentificado tras ser expulsado do Hospital Álvaro Cunqueiro e provocar un incendio...

Identificado tras ser expulsado do Hospital Álvaro Cunqueiro e provocar un incendio no exterior

Pouco antes protagonizara un altercado no hospital que motivou a súa expulsión do mesmo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 44 anos domiciliado en Vigo, D.C.S., foi identificado tras ser expulsado do Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade por protagonizar un altercado e provocar un incendio nunha zona axardinada situada no exterior do mesmo.

En concreto, sobre as 13,34 horas deste sábado, persoal de seguridade do centro hospitalario alertou dun incendio á Policía Local, tal e como trasladou a mesma.

Ademais, os vixiantes indicaron que retiveran o presunto autor do lume e solicitaron a presenza dunha patrulla de Policía. Tamén explicaron que xa informaran ao servizo de extinción de incendios da presenza das chamas.

Unha vez no lugar, os axentes identificaron o home e descubriron que pouco antes protagonizara un altercado no hospital que motivou a súa expulsión do mesmo por parte do persoal de seguridade. Posteriormente, nun arrebato, este home plantou lume a unha zona axardinada do exterior do centro.

ÚLTIMAS

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...

O Mundial de Vigo terá que agardar: Xunta e Deputación rexeitan reunirse en plena campaña electoral

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...