InicioSen categorizarQueres saber como podes ver o cometa que surca estes días os...

Queres saber como podes ver o cometa que surca estes días os ceos de Vigo?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xa leva entre nós varias semáns, pero a súa visualización só estaba indicada para os amantes máis madrugadores, ou máis noctámbulos, xa que a súa posición a comezos de mes só permitían velo a partir das 5 da madrugada. Iso si, as persoas que poideron captalo nos amenceres conseguiron imaxes impresionantes como as publicadas na web da Agrupación Astrónimica Rías Baixas e no seu grupo de Facebook.

Na continuación da súa viaxe orbital de 6800 anos, estes días a súa visualización poderá facerse xusto despois do solpor. Entre as 20:30 ata pasadas as 23:30h onde xa perderá intensidade progresivamente ata o día seguinte.

A súa posición agora mésmo é dirección norte (situado baixo a Osa Maior), preto do horizonte. Con esta aplicación chamada SkySafari podes atopar o comenta e ublicalo en tempo real.

Qué cousas mínimas preciso para velo? Pódese ver a simple vista, incluso en zonas urbanas con contaminación lumínima. Pero si queres contemplalo mellor, cuns simples prismáticos é suficiente.

E se quero fotografalo? un trípode e unha cámara. Se grandes pretensións. O importante é conseguir enfocar ben as estrelas, e ir probando o tempo de exposición que nestes casos son exposicións de varios segundos polo que é preciso usar un trípode.

Se hoxe non chegas a tempo non te preocupes, vai estar aínda con nós algúns días máis pero xa perdendo intensidade.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...