InicioSociedadeSATSE denuncia os prexuízos que sofre a enfermaría e defende a súa...

SATSE denuncia os prexuízos que sofre a enfermaría e defende a súa importancia nun país envellecido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Enfermaría, SATSE, que vén de publicar un manual de estilo no que reflicte a necesidade de loitar contra os prexuízos que rodean a esta profesión, denuncia estereotipos e ideas preconcibidas, como a de tratarse dunha disciplina desligada da ciencia ou que traballen ás ordes dos médicos.

A secretaria xeral de SATSE en Galicia, Carmen García Rivas, defende que os séculos pasaron desde que a enfermaría estaba cargo das ordes relixiosas: “Levamos moitos anos sendo profesionais, cunha carreira universitaria regulada”.

Ademais, “a xente entende que estamos supeditadas aos médicos, que somos dependentes deles, cando o traballo é en equipo. Eles toman decisións, e nós tamén, como tamén somos máximos responsables dos coidados, planificamos, avaliamos, xestionamos recursos, formamos á xente…”

García Rivas defende ademais que a importancia desta profesión, (xa hai en España máis de 300.00 enfermeiros e enfermeiras, uns 5 por cada 1.000 habitantes), non deixa de aumentar debido ao envellecemento da poboación: “O futuro inmediato é un país envellecido, e para Galicia e Asturias en especial, polo que se fai necesario investir máis en enfermeiros que se encarguen do seu coidado”.

 

Enfermeiros/ Euroinnova información

O traballo no sector da enfermaría tamén ten que ver coa prevención, cada vez máis necesaria cando a media de idade ascende: “Hai enfermos pluripatolóxicos, cos que se deben controlar a medicación, a dieta… Cada vez vivimos máis anos e estamos máis enfermos, soportamos décadas con máis dunha enfermidade e precisamos que alguén nos bote unha man para levar unha vida máis levadía”.

En conclusión, García Rivas defende que “a disciplina de enfermeira é plenamente autónoma e eficiente, como a medicina. Mentres que a medicina está dirixida a paliar os efectos dun problema de saúde, a enfermaría trata de traballar coa persoa de maneira íntegra, preocupándonos polo entorno e as condicións nas que vive, o seu benestar… Estudiamos aspectos moi variados e derivamos a outros profesionais, como os psicólogos”.

En definitiva, os enfermeiros son “o traballador máis próximo ao paciente, o cal nos axuda a saber das súas necesidades”.

 

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...