InicioPolíticaFréase o ritmo da participación en Galicia e queda case a niveis...

Fréase o ritmo da participación en Galicia e queda case a niveis do 2016

Ás 17:00 horas votou o 42,95% do censo, medio punto máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

participación nas eleccións autonómicas estáncase tras a suba detectada na franxa da mañá. Segundo os datos oficiais, ás 17:00 horas votou o 42,95% do censo galego, fronte ao 42,49% das autonómicas do 2016. Así, falariamos dun incremento de algo menos de medio punto.

Disto informou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que facilitou o dato no centro de prensa habilitado na Xunta. Se ben ao mediodía os datos amosaban un aumento importante na participación (19,32%, catro puntos máis ca no 2016), a actualización da media tarde revelan porcentaxes practicamente iguais ca as daqueles comicios. Ademais, mentres que pola mañá todas as provincias galegas presentaban unha suba na participación, agora tan só A Coruña e Pontevedra manteñen esa tendencia (con +0,81% e +1,30%, respectivamente). En Lugo e Ourense diminuíu (-0,92% e -1,82%).

ÁS 12:00 HORAS

Os datos do mediodía deixaban un incremento xeneralizado en toda Galicia, incluída a comarca da Mariña (Lugo), afectada por un importante foco de coronavirus. Pasadas as 12:00 da mañá, Santiago Villanueva indicaba que na provincia de Ourense a participación ao mediodía ascendera ao 21,49% -tres puntos máis que en 2016-; ao 19,8% na de Pontevedra -cinco puntos máis-; 18,71% no da Coruña -catro puntos máis- e 18,14% na de Lugo -case tres puntos máis-.

IFrame

Villanueva sinalaba, así mesmo, que na localidade de Burela (Lugo), epicentro do brote de COVID-19 na comarca da Mariña e único municipio coa mobilidade restrinxida durante cinco días ao seu termo municipal, a participación ás 12,00 horas ascendía ao 15,75 por cento, 2,6 puntos máis que en 2016.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...