InicioCulturaBueu, a un chisco de mergullarse na Semana da Música

Bueu, a un chisco de mergullarse na Semana da Música

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Bueu organiza a Semana da Música con diversas actividades que terán lugar entre o 18 e o 24 de xuño, aproveitando a efeméride do Día da Música, que se celebra o 21 deste mes.

O concelleiro, Xosé Leal, destaca que se trata de “poñer en valor a música en clave local e o fomento da historia, ademais da atención a aspectos actuais como a xénese dun disco e a
lexislación”.

pontevedra é a segunda provincia de españa con maior número de bandas

As actividades arrancarán o luns coa inauguración ás 20 horas da exposición ‘Bandas de
Pontevedra: Homenaxe ás bandas da provincia’, que se poderá ver ata o 2 de xullo no
primeiro andar da Praza de Abastos.

A mostra, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, ten como finalidade revalorizar a riqueza cultural deste tipo de agrupacións musicais e en particular as dos concellos, de aí a colaboración da Banda de Música Artística de Bueu.

Na creación desta exposición, tívose en conta a particularidade de que Pontevedra é a segunda provincia do Estado español con maior número de bandas, só por detrás de Valencia.

 

Cartel / Concello de Bueu

O 19 de xuño, ás 21.00 horas, o contrabaixista bueués Juyma Estévez Trío presentará o seu disco de jazz ‘Viento del norte’ no Parque Ramal dos Galos. Sen dúbida, será unha boa oportunidade para gozar da música nun espazo que se busca revitalizar desde o goberno local. Ademais, o músico tamén explicará a orixe do seu disco e o proceso de gravación, que se fixo na vila bueuesa.

Continuará a semana coa charla sobre ‘Lei, músicos e festivais: respostas dun avogado a preguntas frecuentes’, a cargo do avogado experto Xabier Alonso quen intervirá na Sala Domínguez Búa o mércores ás 21 horas.

O obxectivo desta presentación é explicar a lexislación autonómica aprobada recentemente para o desenvolvemento de espectáculos musicais, polo que vai destinada sobre todo a colectivos da vila, así como a grupos musicais e locais de hostalaría.

O historiador local Arturo Sánchez Cidrás falará o xoves a partir das 21 horas sobre ‘A
música en Bueu no correr dos tempos’, buscando una perspectiva histórica do avance
das manifestacións musicais desde o pasado ata o presente.

E por último, o domingo 24 de xuño, e como vén sendo habitual cada ano, a Aula de
Música do Concello de Bueu celebrará o seu concerto de fin de curso, no que as persoas participantes nas clases de música activa, canto e solfexo e piano ofrecerán unha
demostración do aprendido, nun acto que se celebrará ás 20 horas no Centro Social do
Mar e que contará coa actuación da Asociación Folclórica Recordos da Nosa Terra e da
Coral Polifónica de Bueu.

Entre as novidades deste ano están a interpretación dunha canción inédita titulada “Ar o caldeiro” a cargo do alumnado de música activa.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...