InicioMedio Ambiente e Patrimonio"A natureza é beleza: Stop arboricidio", a protesta que pide a vida...

“A natureza é beleza: Stop arboricidio”, a protesta que pide a vida das árbores do Castro en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias activistas de Ecoloxistas en Acción y Extintion Rebelion Vigo realizaron este sábado unha acción protesta no castro, en Vigo, para denunciar o “arboricidio” que, segundo eles, se está cometendo.

Así, colgaron unhas pancartas da muralla da fortaleza do Castro para criticar a corta de árbores deste coñecido parque vigués, sobre todo, os que están ao carón da fortaleza.

Denuncia en Vigo contra a corta de árbores / Ecoloxistas en Acción

“Coa acción realizada hoxe pretendemos concienciar a cidadanía para que deixe de ver ás árbores como meros ornamentos e comece a consideralas o que realmente son: as nosas principais aliadas na loita contra o cambio climático”, apuntan nun comunicado.

“Levamos tempo asistindo a tallas indiscriminadas por parte do Concello de Vigo, non hai obra que non a inaugure o son da motoserra. Pero sen dúbida o epicentro deste arboricidio xeralizado atópase no Parque do castro”, denuncian.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...