InicioSociedadeCondenado a 12 anos de prisión por tentar asasinar a súa parella...

Condenado a 12 anos de prisión por tentar asasinar a súa parella en Cangas

Os xuíces destacan que a proba pericial mostra que as feridas da vítima "non son compatibles cunha autolesión nun forcexeo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 12 anos e medio de prisión un home que tentou asasinar a súa parella en Cangas durante unha discusión.

Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso, tamén se impuxo ao procesado a prohibición de achegarse á vítima e de comunicarse con ela durante 18 anos. Ademais, en concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar a esta en máis de 53.400 euros e ao Sergas en máis de 4.680 euros, o gasto que ocasionou ao servizo a atención da muller tras o suceso.

O tribunal considerou probado que os feitos tiveron lugar o 7 de febreiro de 2019 sobre as 14,10 horas, cando o acusado regresou ao domicilio co que convivía coa súa parella xunto á filla menor de idade desta. Nese momento, na vivenda atopábanse a súa noiva e a curmá dela.

Posteriormente, este home dirixiuse ao dormitorio e, ao decatarse de que se atopaba molesto, a súa parella tamén acudiu ao cuarto. Alí, segundo indicaron os xuíces, orixinouse unha discusión durante a que o home, “con intención de causarlle a morte“, agarrouna e tentou cravarlle un instrumento inciso no pescozo.

No entanto, ela agarrouno, polo que o corte se produciu na cara. Despois, a muller comezou a gritar e a pedir auxilio e, cando se separou do home, este cravoulle o obxecto no nariz.

Mentres, a curmá da muller e a súa filla accederon ao dormitorio, onde atoparon a vítima ensanguentada. Así, o home ameazou á adulta, polo que esta e a nena volveron á cociña e el abandonou a vivenda.

Do mesmo xeito, sinalouse que, como consecuencia dos feitos, a vítima permaneceu hospitalizada cinco días e foi sometida a unha intervención quirúxica, así como que tivo secuelas psicolóxicas. Ademais, os maxistrados remarcaron que “a única proba de descargo practicada” contra o procesado foi a súa declaración, quen achacou as lesións da muller a unha autolesión durante un forcexeo.

No entanto, incidiuse en que as versións achegadas pola muller e a súa curmá son “coincidentes” e resaltouse que a proba pericial dos médicos forenses mostrou que “as lesións da señora non son compatibles cunha autolesión no forcexeo”.

Por iso, concluíuse que “a hipótese proposta pola defensa é inverosímil” e que “non se percibe ningún motivo para dubidar” do testemuño da vítima, así como que esta non entrou en contradicións nas súas declaracións.

INTENCIÓN DE ASASINATO

Adicionalmente, os xuíces apuntaron a unha intención de asasinato debido ás lesións producidas e incidiron en que, “tras o primeiro ataque” e “cando puido zafarse”, a muller “foi agredida novamente”. Por este motivo, destacouse que “a intención do señor non era simplemente, a de agredil na cara, senón a de continuar a agresión mortal”.

Os maxistrados tamén concluíron que o feito de que o home abandonase posteriormente o domicilio relaciónase con que a curmá da vítima e a menor entrasen no cuarto e non con que desistise do seu ánimo de agredir a súa parella. Ademais, xulgouse o ocorrido como un delito de asasinato, en lugar como un de homicidio, debido a que as lesións se causaron “con aleivosía sorpresiva” e se considerou a agravante de parentesco coa vítima.

ÚLTIMAS

Prisión para o condutor que fuxiu da Policía entre Vigo e O Porriño, circulando temerariamente, sen carné e drogado

O xulgado de instrución 1 de Vigo, en función de garda, decretou o ingreso en...

O Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE deixa 20.000 euros en Vigo

O Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE repartiu entre Ferrol e Vigo 220.000 euros,...

Outra persecución de alto risco polas rúas de Vigo: un condutor foxe dos axentes circulando de forma temeraria, borracho e drogado

A Policía Local de Vigo detivo a un condutor, S.P.L., de 34 anos de idade, como...

Detido na rúa Badaxoz tras agredir á súa parella, en presenza da filla de ambos, por chegar tarde tras saír de festa

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 48 anos de idade, N.E.F.A., natural...