InicioSociedadeUn total de 36 pacientes da zona de Vigo son tratados por...

Un total de 36 pacientes da zona de Vigo son tratados por esclerose lateral amiotrófica

PUBLICADO O

- Advertisement -

neurólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) Arturo Fraga iniciou un traballo co obxectivo de determinar os factores que provocan o desenvolvemento de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Segundo trasladou a xerencia da área Sanitaria, o obxectivo desta iniciativa pasa por determinar se aspectos como os hábitos de vida, as dietas ou compoñentes similares inflúen no desenvolvemento desta patoloxía, que padecen 36 pacientes atendidos na zona olívica. Ademais, Arturo Fraga destacou que, nos últimos anos, detectouse un incremento de casos dela “sen que se coñezan os motivos desta circunstancia”.

En concreto, a esclerose lateral amiotrófica representa unha enfermidade dexenerativa muscular que se produce cando algunhas células do sistema nervioso, as motoneuronas, diminúen o seu funcionamento e morren, o que provoca unha parálise muscular progresiva.

No entanto, as funcións cerebrais non relacionadas coa actividade motora non se alteran. Así, esta patoloxía afecta, en maior medida, a persoas de entre 40 e 70 anos e, en especial, a homes de entre 60 e 69.

O equipo do que dispón o Chuvi para controlar aos pacientes ten como principais obxectivos o control dos enfermos e a consecución de tratamentos que melloren a súa calidade de vidaO ch

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...