InicioMovementos SociaisUn Orgullo diferente en Vigo por mor do Coronavirus

Un Orgullo diferente en Vigo por mor do Coronavirus

A asociación publicou a súa nova campaña "Mamá, son heterosexual" que presenta o seu proxecto para un Orgullo máis crítico, social e reinvidicativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baixo o título de “Mamá, papá, son heterosexual” e trala mirada seria das súas protagonistas, Nós Mesmas quere remover conciencias e reflexionar sobre a visibilidade e o respecto á diversidade afectiva, sexual e de xénero á población en xeral, utilizando o humor como ferramenta con esta campaña elaborada por Muller de 6 ollos. 

“O impacto desta campaña é pensar que non somos actrices nin actores, somos nós mesmas, as persoas LGTBI, contando como foi a saida do armario, pero neste caso, dicindo heterosexual”, comenta Elisabet Pérez, portavoz da asociación, nun comunicado.

O Orgullo reinvéntase. A crise do 2020 mudou na sociedade a forma de comunicarse, de visibilizar e relacionarse e sen dúbida, afectou máis profundamente as persoas xa de por si vulnerables. Por iso, Nós Mesmas propón manter o Orgullo, pero de forma crítica, social e reivindicativa. O colectivo apela a que a conexión que uniu á poboación durante o confinamento cobre un significado especial e que se convirta no símbolo do Orgullo como emblema a visibilidade, expresión e denuncia. 

O mércores 17 dará comezo ao Orgullo diferente, que conta con actos presenciais e online e que se alargarán ata culminar, o domingo 28 de xuño, cunha manifestación peculiar, adaptada á situación actual, que acabará cunha concentración na Porta do Sol.  A asociación explica que reinvidican o dereito a ser consideradas e tratadas como cidadás de primeira. 

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...