InicioSociedadeO Concello de Vigo contratará un servizo de desinfección para reabrir parques...

O Concello de Vigo contratará un servizo de desinfección para reabrir parques e pistas deportivas

Contratará unha empresa que prestará un servizo de desinfección en 305 parques infantís e biosaudables e pistas deportivas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo contratará unha empresa que prestará un servizo de desinfección en 305 parques infantís e biosaudables e pistas deportivas da cidade co obxectivo de proceder á súa reapertura.

O alcalde, Abel Caballero, explicou que se comezou a estudar con que frecuencia deberá realizarse a limpeza destes espazos e como se deberá levar a cabo, así como o modo no que se controlará o seu aforamento. Con todo, non concretou a data na que terá lugar a súa reapertura.

Tamén sinalou que resultará preciso garantir o mantemento da distancia persoal entre os usuarios e a súa hixiene, o que levará un custo. No entanto, criticou que a Xunta permitise a reapertura de parques desde este luns, pero “non aclare” que importe destinará aos concellos para afrontar o custo que iso leva.

Neste sentido, Abel Caballero afirmou que esta iniciativa presenta unha “lagoa”, xa que non inclúe “unha asignación orzamentaria”. Deste xeito, volveu criticar que o Goberno galego “reciba inxentes cantidades (de diñeiro) pero non as traslade (aos municipios)”, en alusión aos fondos transferidos polo Executivo central para afrontar consecuencias derivadas da pandemia. Por iso, reclamou “saber onde están (esas cantidades)”.

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal Popular de Vigo, Alfonso Marnotes, reprobou que non se abriron os parques no primeiro día no que se permitiu, o que achacou á “falta de previsión do alcalde”.

Nesta liña, Marnotes lamentou que o rexedor “se esquecese dos nenos” e reclamou a apertura de espazos para os mesmos de modo inmediato, así como a súa desinfección.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...