InicioSociedadeCrespóns negros: a outra homenaxe ás vítimas da COVID que Feijóo non...

Crespóns negros: a outra homenaxe ás vítimas da COVID que Feijóo non quere ver

Familiares de persoas usuarias da residencia DomusVi de Aldán, en Cangas do Morrazo, fixeron unha homenaxe aos e ás falecidas pola COVID-19 que estiveron nesta residencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Familiares de persoas falecidas e usuarias da residencia DomusVi en Aldán, en Cangas do Morrazo, achegáronse hoxe ás instalacións para colocar crespóns negros nos valados que pechan os terreos das instalacións.

O número de falecidos segundo os familiares serían “para nós 38, contando coa persoa que faleceu esta semana”. Isto é así pola que consideran falta de información e de datos das autoridades sanitarias e de DomusVi.

A residencia de Aldán, propiedade de DomusVi, foi xunto coa de Barreiro en Vigo, intervida pola Xunta de Galicia ante o número elevado de falecementos, así como ante as acusacións de desatención e falta de medios, tanto de traballadoras da empresa como familiares.

Os e as usuarias que non presentaron síntomas da COVID-19 foran trasladadas a un albergue xuvenil en Nigrán. Alí estaba esperando a ex-delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, actual número dous das listas do PP pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas do 12 de xullo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...