InicioEconomíaA Zona Franca e o Concello de Tui estudarán a ampliación do...

A Zona Franca e o Concello de Tui estudarán a ampliación do Parque Empresarial de Areas

Analizan unha ampliación desta superficie empresarial de 200.000 metros cadrados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expuxeron estudar a ampliación do Parque Empresarial de Areas desta última localidade.

Nunha reunión mantida este venres en Tui, acordaron redactar un convenio de colaboración que analice unha ampliación desta superficie empresarial de 200.000 metros cadrados.

Ademais, este parque empresarial, que conta cunha situación estratéxica, mellorará a súa comunicación mediante o novo acceso á A-55 e a vía de altas prestacións Tui-A Guarda do que disporá.

David Regades incidiu en que a ampliación deste parque representa unha “gran iniciativa” debido a que a demanda de chan empresarial na zona é maior que a oferta. Tamén destacou a “vantaxe estratéxica” da que dispón Tui debido á súa proximidade a Portugal, ao que chamou a considerar un “aliado estratéxico”.

Pola súa banda, o rexedor insistiu na importancia de que Tui dispoña de chan empresarial para atraer empresas, consolidar o emprego e crear novos postos de traballo. Así, sinalou que a ampliación do parque de Areas permitiría “consolidar a oferta existente e atraer novas empresas” á localidade.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...