InicioVigo e contornaO PorriñoFerida grave unha traballadora que quedou atrapada baixo unha máquina nun polígono...

Ferida grave unha traballadora que quedou atrapada baixo unha máquina nun polígono industrial no Porriño

Inicialmente deuse por falecido ao traballador, aínda que os esforzos dos sanitarios do 061 permitiron que recuperase o pulso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha traballadora resultou ferida grave ao quedar atrapado baixo unha máquina hidráulica nunha nave dunha empresa situada no Polígono das Gándaras, no Porriño.

Segundo confirmou o 112 Galicia, a alerta saltou sobre as 14,30 horas, e ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos dos bombeiros do Baixo Miño, Policía Local e Garda Civil, así como do 061.

Debido á gravidade do accidente, inicialmente deuse por falecida a traballadora, aínda que os esforzos dos sanitarios do 061 permitiron que recuperase o pulso.

A ferida foi evacuada en estado grave ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...