Dous homes están a ser investigados penalmente pola Garda Civil despois de ser sorprendidos polos axentes na estrada EP-2401 a madrugada do xoves sen carné de conducir e un deles baixo os efectos do alcol.
Segundo informaron os axentes nun comunicado, os dous son veciños de Porriño e foron interceptados na estrada que une esta localidade con Mosende. Ao primeiro déronlle o alto ás 00,30 horas e os axentes descubriron que o mozo de 28 anos nunca obtivera o carné de conducir.
Dúas horas máis tarde, na mesma estrada, a Garda Civil parou a outro home de 30 anos ao que lle retiraron o carné pola perda total de puntos e que, ademais, estaba a conducir baixos os efectos do alcol.
A Garda Civil explicou que en ambos os casos, os dous condutores enfróntanse ás responsabilidades penais derivadas dun presunto delito contra a seguridade viaria que levan penas asociadas de prisión de 3 a 6 meses, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.
Pola súa banda, o segundo condutor enfróntase tamén a unha sanción administrativa de 500 a 1000 euros e a detracción de 4 a 6 puntos do permiso por conducir baixos os efectos de bebidas alcohólicas.