InicioPolíticaO BNG denuncia que eliminar o servizo de pediatría en Coruxo provocará...

O BNG denuncia que eliminar o servizo de pediatría en Coruxo provocará a masificación do Cunqueiro

E para Compromiso por Galicia, o PP está a incentivar con estas medidas o despoboamento do rural.

PUBLICADO O

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar no Parlamento galego unha batería de iniciativas para esixir á Xunta o mantemento do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Coruxo e mais o reforzamento deste no centro de saúde de Navia.

A próxima finalización da interinidade coa que o Sergas decidiu cubrir unha praza de
pediatría vacante por xubilación no centro de saúde de Coruxo disparou todas as alarmas.
Segundo denunciou a propia veciñanza, a Consellaría de Sanidade non ten previsto
garantir a continuidade da atención pediátrica nese centro e mesmo estaría a forzar o
traslado de usuarias e usuarios ao centro de saúde de Navia.

“Que o Sergas tente deixar sen pediatra, pola porta de atrás, ás parroquias de Coruxo,
Saiáns, San Miguel de Oia e unha parte de San Andrés de Comesaña é unha medida
intolerábel e unha mostra clara de que o único que persegue o Partido Popular é o
desmantelamento da sanidade pública galega, cebándose especialmente en contra da
Atención Primaria”, segundo criticou Serafín Otero, responsábel local do BNG de Vigo.

A situación agrávase tendo en conta que durante os meses de verán as parroquias afectadas vén incrementada considerabelmente a súa poboación. Ademais, o Bloque pon o foco tamén na situación de “masificación” que padece xa o centro de Saúde de Navia , que vén de receber ademais 900 novas cartillas trasladadas do
Centro de Saúde de Coia.

“Este feito déixanos na práctica sen posibilidade material dunha atención pediátrica áxil, o que acabará por provocar inevitabelmente a masificación das urxencias do Álvaro Cunqueiro” advirten as nacionalistas. “Falamos da saúde dos e das máis pequenas, e inda así o PP recorta sen pudor”, denuncian.

Emporiso, a través dunha proposición non de lei asinada pola deputada Montse Prado e o
deputado Luís Bará, o BNG demanda ao SERGAS que se garanta “a cobertura pediátrica
do centro de saúde de Coruxo á maior brevidade posíbel” así como que se dote ao centro
de Navia dunha “cuarta praza de pediatría e unha máis de enfermería para atender
debidamente á poboación infantil”.

 

Consulta médica / Photopin
Por outra banda, desde Compromiso por Galicia lamentan que “desde a Xunta estén a incentivar o despoboamento do rural galego, desfazendo os servizos públicos necesarios para o benestar da poboación”.
 
Cortés Alonso, secretario local, xunto a Maria Rivera, coordinadora comarcal, e membros da executiva local da formación galeguista, reunironse coa asociación de Veciños de Coruxo, onde entre outros temas falaron da problemática provocada polo encerramento do servizo de pediatria no Centro de Saúde de Coruxo e que afecta a mais de 1000 nenos e nenas de diversas parroquias do rural vigués.
“O governo do PP está a vacilar aos galegos e galegas coa sua política demográfica, deixando un rural avellentado e no que as novas familias non atopan nen atractivos nen incentivos para facer a sua vida” declarou Cortés Alonso.
 
Finalmente, o secretario local galeguista, instou a unha solución a este problema que afecta a moitos usuarios do Sergas e que “é un problema que está a repetir-se en todo o País, onde son reiterados os peches dos servizos de pediatría”.

 

ÚLTIMAS

Diagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un "raro caso de apendicitis esquerda"...

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...