InicioVal MiñorGondomarUnha colisión entre dous vehículos e unha motocicleta en Gondomar sáldase co...

Unha colisión entre dous vehículos e unha motocicleta en Gondomar sáldase co traslado de catro persoas ao hospital

Un turismo conducido por un home de Gondomar de 40 anos que circulaba en sentido A Ramallosa invadiu parcialmente o carril contrario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre dous vehículos e unha motocicleta que tivo lugar este luns sobre as 15,20 horas en Gondomar (Pontevedra) saldouse co traslado de catro persoas das que unha presentaba feridas de gravidade aos hospitais Povisa e Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Fontes da Garda Civil detallaron que os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 18 da PO-340, onde un turismo conducido por un home de Gondomar de 40 anos que circulaba en sentido A Ramallosa invadiu parcialmente o carril contrario e chocou cunha motocicleta. Como consecuencia, o motorista, de 60 anos, perdeu o control do seu vehículo e impactou contra un inmoble.

Tras retornar ao seu carril, o coche chocou contra outro turismo que reducira a súa velocidade para deterse ante un semáforo en vermello e envorcou.

O condutor do primeiro vehículo resultou ferido leve, do mesmo xeito que a muller que conducía o segundo coche, unha veciña de Gondomar de 48 anos, e o seu acompañante, un home da mesma localidade de 52. Mentres, o motorista sufriu feridas de gravidade.

Por estes motivos, dúas destas persoas foron trasladas ao Hospital Álvaro Cunqueiro e outras dúas ao de Povisa.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...