InicioSociedadeA Xunta advirte que a proposta para desenvolver o Barrio do Cura...

A Xunta advirte que a proposta para desenvolver o Barrio do Cura “está fóra do marco legal”

Propón que se deixe fóra a área BIC do Casco Vello (actualmente incorporada) ou leve a cabo ese desenvolvemento urbanístico mediante a figura dun Plan Especial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia remitiu un informe ao Concello do Vigo no que lle advirte de que a tramitación da modificación puntual da PXOM para reodernar o ámbito do Barrio do Cura “está fóra do marco legal”.

Segundo informou a administración autonómica a través dun comunicado, pediu unha serie de correccións para poder dar a súa visto e prace á devandita tramitación. Así, propón que, para continuar con esa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ou ben se deixe fóra a área BIC do Casco Vello (actualmente incorporada), ou ben leve a cabo ese desenvolvemento urbanístico mediante a figura dun Plan Especial.

A Xunta, que insistiu en que apoia o “crecemento” do Barrio do Cura, lembrou que a zona vella de Vigo foi declarada ben de interese cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico en 2006.

Na proposta actual do concello olívico, o ámbito de modificación para o Barrio do Cura inclúe parte da zona histórico-artística e da chamada ‘zona de respecto’ do Casco Vello, e Patrimonio advertiu de que a regulación dese espazo debe facerse mediante un plan especial de protección (que debería ser redactado polo propio concello).

Á marxe destas consideracións, o goberno galego tamén sinalou que a proposta de modificación puntual “non difire de modo substantivo, no que a afección ao patrimonio cultural refírese, do Plan Especial de Reforma Interior do Barrio do Cura” (aprobado por Patrimonio Cultural en 2014).

Así, os técnicos da Xunta apuntaron “de modo exacto” as correccións precisas que se deben incorporar, para “axilizar ao máximo a aprobación definitiva”, tendo en conta “a importancia que terá o desenvolvemento do Barrio do Cura para o futuro da cidade de Vigo”.

Finalmente, o goberno galego lamentou que a “complexidade” actual para poder desenvolver ese ámbito é unha “consecuencia” da anulación da PXOM de 2008 (que afectou, á súa vez, ao PERI aprobado en 2014).

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...