InicioMovementos SociaisForza Guillarei... O pobo é quen máis ordena!!!

Forza Guillarei… O pobo é quen máis ordena!!!

Centos de persoas piden en Tui axudas "xa" e "solucións" para os afectados pola explosión pirotécnica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas participaron na tarde este sábado nunha concentración na praza de San Fernando para reclamar axudas “xa” e “solucións” para os afectados pola explosión pirotécnica do pasado 23 de maio en Tui. Foi unha manifestación silenciosa e moi emotiva que só se pechou polos berros de impotencia dalgúns dos veciños que denunciaron a incompetencia das administracións.

Segundo explicou a Europa Press Salvador García, un dos voceiros da asociación de afectados que se creou esta semana, esta protesta en Tui vívese desde as 20,00 horas con “cabreo”, “indignación” e “a frustración pola que están a pasar os veciños”. Esta xornada reivindicativa ten lugar baixo a choiva e cunha pancarta na que podía lerse ‘Veciños afectados explosión, solucións‘, nunha protesta na que estivo presente o alcalde do municipio, Carlos Vázquez Padín, así como outros representantes políticos como o líder de En Marea, Luís Villares.

PIDEN AXILIDADE NA CONCESIÓN DAS AXUDAS

Os afectados denuncian atrasos nas axudas e reclaman axilidade na súa concesión. Así mesmo, os veciños demandan que se engadan máis subvencións e se incrementen as contías; que se lles facilite atención psicolóxica continua; e que todas as administracións se impliquen ao mesmo nivel.

Masiva manifestación en Tui en apoio das vítmas da explosión e criticando a incompetencia das administracións / Miguel Núñez

Tamén piden ás aseguradoras que non poñan trabas e lamentan as dificultades existentes para reacoller a afectados, á vez que urxen a investigación para deixar entrar aos propietarios ás súas vivendas.

As últimas cifras sinalan que hai 792 persoas afectadas, 37 delas feridas (un matrimonio faleceu na explosión), con 386 expedientes abertos. Hai 31 vivendas derruidas, 86 afectadas nas súas estruturas e 311 danadas, ademais de 66 vehículos con danos.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...