InicioEconomíaA Policía Local de Tui denuncia a unha entidade bancaria polas colas...

A Policía Local de Tui denuncia a unha entidade bancaria polas colas que se forman no exterior

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui (Pontevedra) remitiu á Subdelegación do Goberno unha denuncia contra unha entidade bancaria ante as colas que de persoas se forman no exterior a consecuencia de que só abre ao público dous días á semana.

Diso informou o Concello nun comunicado remitido aos medios, no que detalla que hai varias semanas que os axentes observan estas colas na oficina situada na rúa Colón. A Policía Local censura que os clientes queden “expostos” no exterior desta entidade bancaria durante o tempo de espera e que non poidan “estar confinados nos seus fogares”.

“A apertura a diario da oficina ou da outra sucursal que a mesma entidade ten no concello permitiría axilizar a atención ao público e, deste xeito, evitar as colas e esperas dos clientes no exterior”, sostén a Policía Local, que critica que as colas se poden prolongar “ata dúas horas”.

O Consistorio explica que os feitos foron postos en coñecemento da dirección da sucursal “sen que polo momento se apreciara ningún cambio no horario” da oficina nin tampouco a apertura da outra existente.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...