InicioSociedadeA cativada de Redondela recibirá dispositivos de conexión a Internet para seguir...

A cativada de Redondela recibirá dispositivos de conexión a Internet para seguir as aulas virtuais

Unha iniciativa que se suma á entrega de tarefas escolares impresas e de computadores para facilitar o seguimento das clases impartidas de modo telemático.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela dotará de dispositivos de conexión a Internet a escolares co obxectivo de facilitar o seu seguimento das clases impartidas de modo virtual dada a crise sanitaria actual.

Nun comunicado, o goberno local indicou que se adquiriron rúters con conexión a Internet cuxo custo asumirá o Concello ata a finalización do curso escolar.

En concreto, a adxudicación dos dispositivos ao alumnado que careza de conexión a Internet o seu domicilio realizarase en coordinación cos titores dos mesmos, unha iniciativa que se suma á entrega de tarefas escolares impresas e de computadores para facilitar o seguimento das clases impartidas de modo telemático.

A ese respecto, a alcaldesa, Digna Rivas, criticou que a Xunta puxese “toda clase de impedimientos” ao desenvolvemento destas accións por parte do goberno local, en lugar de “axuntar esforzos” con este. Así, a rexedora criticou que o Goberno galego alegase “temas de ‘protección de datos'” en lugar de facilitar a entrega de tarefas escolares impresas ao estudiantado.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...