Home Sociedade Un novo síndrome relacionado co COVID19 está provocando ingresos en UCI dos cativos de Reino Unido

Un novo síndrome relacionado co COVID19 está provocando ingresos en UCI dos cativos de Reino Unido

0
Un novo síndrome relacionado co COVID19 está provocando ingresos en UCI dos cativos de Reino Unido
Paciente en UCI / EP

A loita contra a pandemia en Reino Unido pegou un xiro inesperado nas últimas horas logo de que doutores de medicina xeral de Reino Unido lanzaran unha “alerta urxente” na que piden aos sanitarios de atención primaria e de coidados intensivos infantís que non pasen por alto esta nova sintomatoloxía nos máis cativos, unha rango de idade non considerada de risco ata o momento.

Así o recollen diversos medios británicos, logo da alerta lanzada polo propio NHS (Sistema de Saúde Británico) a través do seu director médico, o profesor Stephen Powis, a toda a poboación e en especial aos médicos de atención primaria do Reino Unido.

As alertas saltaron depois dun aumento repentino dos cativos ingresados en coidados intensivos (UCI) con erupcións cutáneas, insuficiencia renal e problemas estomacais.

Segundo informa o NHS os cativos presentan unha sintomatoloxía similar ao shock tóxico ou síndrome de Kawasaki, un proceso inflamatorio agudo grave que debilita os vasos sanguíneos e que normalmente afecta aos menores de 5 anos.

O NHS asegurou que o departamento PHE, axencia autónoma dependente do Departamento de saúde británico, está traballando nos informes para confirmar ao cento por cento a relación desta sintomatoloxía co coronavirus SARS-CoV2.

O secretario de Saúde británico, Matt Hancock sinalou hoxe en rolda de prensa estar moi preocupado pola noticia da nova onda de casos que provocaron o ingreso en UCI dos cativos sinalando tamén que era factible a relación e vínculo entre estes ingresos e o coronavirus.

Na mesma liña a sociedade de pediatría británica (PICS) lanzou o mesmo aviso a todos os profesionais do seu ramo, alertando de que os cativos que presentasen sintomatoloxía: dor abdominal, síntomas gastrointestinais e inflamación cardíaca fosen ingresados de urxencia.

Un médico pediatrico de Londres, en declaracións ao Telegraph, asegurou que están desconcertados. Teñen media ducia de nenos con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos con esta sintomatoloxía. “Os cativos empeoran bastante rápido. Comezan a sentirse mal, con sintomatoloxía non específica. Entón aparecen os primeiros síntomas, erupcións no pescozo, antebrazo, abdome. E cunha tipoloxía de erupcións distintas entre eles. Planas, con avóns, suaves, … Ningún paciente presenta as mesmas erupcións”.

“Algún deles entran coa tez escura, o que suxire algún tipo de vasculite. Posiblmente por unha reacción autoinmune á resposta isquémica, onde o fluxo de sangue queda restrinxido.” “Non sabemos se é unha forma mutada do virus o que causa isto“.

Esta alerta chega nun momento clave do confinamento decretado en Reino Unido, un país que inicialmente minimizou o impacto do COVID19 na súa poboación e as súas consecuencias para a saúde. Certos sectores exercen no goberno presión para que reabra as escolas e reinicien as clases antes de rematar o verán, esta situación supón un xiro inesperado na estratexia de combate contra o virus e un aviso a navegantes para outros paises.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here