InicioSucesosSubvención máxima da Xunta de 43.660 euros para as vivendas non habituais...

Subvención máxima da Xunta de 43.660 euros para as vivendas non habituais en ruínas pola explosión de Tui

Os afectados xa poden solicitar desde este xoves as axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os afectados pola explosión de material pirotécnico rexistrada o 23 de maio en Tui poden solicitar dende este xoves as axudas destinadas a reacollo e a reparación dos danos en vivendas e enxoval doméstico, que dispuxo a Xunta cunha achega de máis de 7,5 millóns de euros (sete millóns para reparacións e 500.000 euros para aloxamento provisional).

A orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), establece que estas axudas serán compatibles con outras axudas e subvencións e coas indemnizacións dos seguros, até o límite da renda do contrato de aluguer ou o 100% do valor de reposición da vivenda danada.

En concreto, explica a Xunta, o importe da axuda será “o valor dos danos causados, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas”.

Explosión de Tui / Miguel Núñez

Se se solicita, o pago das axudas poderase percibir por anticipado. Ademais, as actuacións poderanse iniciar con carácter previo á presentación da solicitude ou á resolución da concesión, aínda que para iso será necesario conservar fotografías e documentos que acrediten o estado no que quedaron vivendas, construcións auxiliares e enxoval.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias das vivendas danadas pola explosión, sexan vivenda de residencia habitual e permanente, ou residencia ocasional. Pola súa banda, quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas ou que se atopasen “en manifesto abandono” antes do suceso.

CONTÍA DAS AXUDAS

Para o reacollo das persoas que tiveron que abandonar as súas vivendas habituais, a Xunta puxo en marcha unha axuda para o aluguer provisional dunha vivenda. O importe será de até 450 euros ao mes durante un período máximo de dous anos, e a maiores concederase unha axuda complementaria e única de 600 euros para formalizar contratos ou afrontar fianzas e o alta de subministracións.

Así mesmo, sufragaranse os gastos de reposición e reparación dos danos en vivendas, enxoval doméstico de primeira necesidade (cando os danos da vivenda sexan obxecto de subvención) e instalacións complementarias (pozos, hórreos, galpóns, invernadoiros de autoconsumo, instalacións de electricidade, iluminación e telecomunicacións, etc., sempre que estean no predio da vivenda).

Explosión dunha empresa pirotécnica en Tui.
Explosión de Tui / Miguel Núñez

En vivendas de residencia permanente e habitual, o importe máximo da subvención ante situación de ruína ou rehabilitación de danos será de 109.150 euros. Polos danos no enxoval doméstico a axuda será de 16.373 euros en vivendas ruinosas e do 100% dos gastos até un límite de 3.000 euros en vivendas a rehabilitar.

No caso de vivendas que non sexan residencia permanente e habitual, ante situación de ruína ou rehabilitación a subvención máxima será de 43.660 euros; e polo enxoval domestico en vivendas ruinosas será de 5.458 euros e en vivendas a rehabilitar cubrirase o 40% dos gastos até 3.000 euros.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...