InicioSociedadeTres novas mortes no Chuvi por coronavirus nas últimas horas

Tres novas mortes no Chuvi por coronavirus nas últimas horas

O falecemento doutras 7 persoas en hospitais de Galicia elevou a 379 o cómputo total de vítimas mortais do coronavirus na comunidade, con 297 mortes rexistradas en hospitais e outras 82 en residencias xeriátricas, segundo fontes de Sanidade. O número de altas na área sanitaria de Vigo supera as mil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O falecemento doutras 7 persoas en hospitais de Galicia elevou a 379 o cómputo total de vítimas mortais do coronavirus na comunidade, con 297 mortes rexistradas en hospitais e outras 82 en residencias xeriátricas, segundo fontes de Sanidade.

Así, fontes sanitarias informaron da morte, nas últimas horas, dun home de 55 anos de idade, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); dun home de 82 anos, ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC); doutro home, de 71 anos, no Complexo Hospitalario de Ferrol; e dun home de 85 anos de idade no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Así mesmo, tamén se rexistraron nas últimas horas tres falecementos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Trátase dunha muller de 84 anos, un home de 83 anos, e outro home, de 90 anos de idade.

En canto o número de altas, Vigo rexistrou 1077 altas hospitalarias de entre os 5.973 casos de coronavirus en Galicia. Outras áreas sanitarias rexistran os seguintes datos sobre altas: 1.271 corresponden á área da Coruña; 1.187 á de Ourense; 1.007 á de Santiago; 590 á de Lugo; 504 á de Pontevedra; e 337 á de Ferrol.

Deste últimos sete falecidos que foran diagnosticados con coronavirus, todos tiñan patoloxías previas, excepto o home que faleceu no CHUAC, segundo ratificaron fontes de Sanidade. Con estes datos, o número de falecidos con COVID-19 nos hospitais galegos elévase a 297: 86 na área sanitaria da Coruña, 62 na área de Vigo, 57 mortes na área de Ourense, 40 falecidos na área sanitaria de Santiago, 20 en Ferrol, outros 20 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

A estas mortes hai que sumar os 82 falecidos en residencias de maiores computados ata este luns. Política Social informa a diario (con datos do día anterior facilitados polas propias residencias) dos maiores que morren nestes centros xeriátricos.

En canto aos ingresos na UCI en total son 25 na área de Vigo, deles 13 no Hospital Álvaro Cunqueiro, oito en Povisa e catro en Fátima. Ata a data rexistráronse nesta área sanitaria 271 altas.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...