InicioSociedadeO CHUVI reforza a atención á saúde mental de pacientes, familias e...

O CHUVI reforza a atención á saúde mental de pacientes, familias e sanitarios

Dous equipos de psiquiatras e psicólogos clínicos coordinarán e canalizarán as demandas de atención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Vigo puxo en marcha dous protocolos de actuación para reforzar e axilizar a atención á saúde mental de pacientes e familiares, así como dos profesionais sanitarios, durante a pandemia do coronavirus.

Segundo trasladaron fontes do Sergas, trátase de guías que teñen por obxecto falicitar e achegar a atención dos especialistas en saúde mental a estas persoas. Así, establécense canles directas de comunicación para que os profesionais de Atención Primaria e hospitalaria poidan realizar interconsultas ou consultas rápidas.

Para iso, habilitáronse teléfonos internos específicos, e unha nova caixa de correos de correo electrónico. Estas dúas vías de comunicación serán atendidas por dous equipos de psiquiatras e psicólogos clínicos de referencia, que se encargan de coordinar e canalizar as demandas de atención.

Con respecto aos profesionais sanitarios, o protocolo inclúe o documento recentemente elaborado pola Sociedade Española de Psiquiatría para atallar os riscos psicolóxicos pola pandemia.

“Os profesionais sanitarios teñen que enfrontarse a diario a uns retos que poden xerar problemas psicolóxicos”, apuntou o xefe do servizo de Psiquiatría, José Manuel Olivares, en referencia a situacións como o desbordamento da demanda asistencial, o temor ao risco de contraer a enfermidade, a incomodidade dos equipos de protección, o manexo da angustia das familias ou “dilemas éticos e morais”.

REACCIÓNS DO PERSOAL SANITARIO

As reaccións dos sanitarios ante estas situacións de tensión poden ser tanto emocionais, como de conduta, cognitivas ou físicas, e ir desde a ansiedade, a tristeza ou o pranto, ata as dificultades de concentración, a fatiga ou as dores e mareos.

Para facer fronte a estes problemas, os especialistas dan unha serie de recomendacións para que os traballadores “se coiden a si mesmos, para poder coidar aos demais”. Entre as recomendacións están o descanso, o coidado das necesidades básicas, a planificación de rutinas fóra do traballo, compartir información construtiva ou “manterse conectado coa familia”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...