InicioSociedadeQue efectos están tendo as medidas de confinamento para salvar vidas?

Que efectos están tendo as medidas de confinamento para salvar vidas?

PUBLICADO O

O profesor de Medicina da Universidade San Diego Robert A. J. Signer, publicou a semana pasada unha estimación sobre como evitar o contacto con outras persoas reduce enormemente o número de contaxios de COVID-19.

Así, segundo os seus cálculos, cun comportamento normal nun prazo de cinco días, de media 2,5 persoas son infectadas do coronavirus e 406 tras trinta días. Con todo, se o afectado reduce nun 50% os seus contactos sociais, en cinco xornadas só habería 1,25 novos contaxios, que aumentarían ata os 15 no prazo de 30 días.

O número de novos casos positivos diminúe aínda máis se a redución do contacto social é do 75%, ata limitarse aos 2,5 novos contaxios nun prazo de aproximadamente un mes, segundo recolle Signer na súa páxina web.

MORTES EVITADAS

Por outra banda, un estudo publicado esta semana pola universidade británica Imperial College estima que, se non se tomarAn medidas contra o coronavirus, como son os confinamentos e o peche de centros educativos, no conxunto do Estado producíronse ao redor de 16.000 decesos máis a 31 de marzo. Isto supoñería unha cifra de falecidos total de 24.500 persoas, aproximadamente, e non as 8.500 dese día.

A análise calcula que o 15% dos cidadáns do Estado están infectados co virus, unha proporción moi superior á das cifras oficiais. Nos once países europeos que forman parte da análise do Imperial College, a cantidade de persoas que se estima salvaron a vida grazas aos plans da Administración e os esforzos dos seus cidadáns alcanza os 59.000, 38.000 dos cales residentes en Italia.

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...

Unha sentenza recoñece un exceso de horas traballadas dos bombeiros de Vigo e obriga ao Concello a compensalas

Unha sentenza firme do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo obriga ao Concello...