InicioSucesosInterceptados dous homes que duplicaban a taxa de alcol e trataron de...

Interceptados dous homes que duplicaban a taxa de alcol e trataron de evadir un control nas Neves

O condutor obtivo positivo na proba de alcoholemia e o acompañante foi localizado oculto baixo a mesa da terraza dunha vivenda

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou na tarde deste martes a dous homes que trataron de eludir un control establecido nas Neves (Pontevedra) con motivo da verificación as medidas de limitación da liberdade de circulación de persoas establecidas durante o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon ás 17,30 horas deste martes no quilómetro 9 da estrada PO-400 na localidade das Neves. Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Destacamento do Porriño apreciaron como un turismo que se dirixía á zona do control “cambiaba bruscamente a súa traxectoria para deterse nunha franxa anexa á calzada“, relataron as mesmas fontes.

Por iso, unha patrulla de motoristas dirixiuse ao lugar. O condutor do turismo trataba de apearse deste cando chegaron os axentes e inmediatamente foi interceptado. Mentres, o ocupante abandonou o lugar á carreira, pero instantes despois foi localizado polos gardas civís oculto baixo a mesa de terraza dunha vivenda próxima habitada por unha anciá de 90 anos.

Ao realizarlle a proba de alcoholemia en aire expirado ao condutor, veciño a mesma localidade e de 50 anos de idade, obtivo unhas taxas de 0,56 e 0,51 mg/l, un resultado que dobra o máximo permitido, establecido en 0,25mg/l.

DAR PARA COMER A ANIMAIS

Ambas as persoas trataron de explicar aos axentes que viñan de dar de comer aos animais que uno deles tiña nunha leira próxima, e beberan e comeran algo xuntos. O condutor do turismo enfróntase a unha posible sanción en vía administrativa de mil euros e á detracción de seis puntos do seu permiso de condución.

Ademais, os dous implicados serán denunciados por un incumprindo as medidas de limitación da liberdade de circulación de persoas establecidas polo Real Decreto polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria. As sancións por estes incumprimentos teñen unha contía variable, que parte dos 600 euros e increméntase segundo a gravidade dos feitos.

A Garda Civil lembra a obrigación de respectar as limitacións da liberdade de circulación das persoas establecidas polas autoridades gubernativas para o control da crise do coronavirus e exhorta aos condutores a “utilizar os seus vehículos só nos supostos que fose estritamente necesario”.

ÚLTIMAS

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e advirte a Caballero polas súas críticas políticas nun acto municipal

A fronteira entre a información institucional e a confrontación política volve situarse no centro...

Unha maleta chea de armas en Peinador destapa unha rede que fornecía pistolas a narcotraficantes das Canarias

Unha maleta aparentemente convencional, un pasaxeiro disposto a embarcar e un cargamento de armas...

Os Tedax acoden ao Cunqueiro por unha maleta abandonada que tiña roupa

Axentes da Policía Nacional especializados na desactivación de artefactos explosivos (Tedax) desprazáronse na mañá...

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...