InicioVal MiñorNigránNigrán apraza o pago de impostos ata finalizar o estado de alarma

Nigrán apraza o pago de impostos ata finalizar o estado de alarma

Afecta ao imposto de Rodaxe, Lixo e Entrada de vehículos por beirarrúa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán anunciou onte que dadas as circunstancias excepcionais derivadas da crise sanitaria do Covid-19, deixa sen efecto e suspende os prazos de pago que constan no actual calendario fiscal municipal.

O obxectivo desta medida excepcional é minimizar o impacto fiscal sobre os cidadáns como consecuencia da declaración do estado de alarma. Os tributos afectados por esta resolución de alcaldía son todos os xestionados desde o Concello directamente: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, Taxa pola Entrada de Vehículos a través de Beirarrúas e Taxa pola recollida do Lixo.

Pola súa banda, a concesionaria Aqualia establecerá o período voluntario de pago dos recibos do 1º Trimestre unha vez rematado o estado de alarma decretado polo Goberno de España, e terá a duración fixada na publicación do boletín. Os recibos do 1º trimestre domiciliados cargaranse en conta o 11/05/2020. Por outra banda, Aqualia suspende todos os cortes de subministración, teñan ou non a condición de “vulnerables”.

Durante esta crise sanitaria Aqualia lembra que calquera consulta pódese realizar a través dos teléfonos gratuítos de atención ao cliente (Atención ao cliente: 900 81 33 57 e Avarías: 900 81 30 47), oficina virtual, a APP móbil e no correo da oficina de atención ao cliente de Nigrán nigran@aqualia.fcc.es

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...