InicioSociedadePovisa incorpora máis traballadores por desbordamento da actividade debido ao coronavirus

Povisa incorpora máis traballadores por desbordamento da actividade debido ao coronavirus

Todo iso "co fin de garantir unha asistencia sanitaria de calidade, pero tamén coa máxima protección posible a todo o persoal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O hospital vigués Povisa, do grupo Ribeira Saúde, anunciou a incorporación de 40 traballadores (médicos, persoal de enfermaría e limpeza) que reforzarán o seu persoal para dar resposta ao “incremento de actividade asistencial”.

Este reforzo enmárcase nunha estratexia global do grupo, que incorporou a 448 novos traballadores nos seus centros desde o inicio da crise do coronavirus, e súmase a outras medidas, como a implantación de teletrabajo para aqueles empregados cuxa presencia non sexa imprescindible nos hospitais. Todo iso “co fin de garantir unha asistencia sanitaria de calidade, pero tamén coa máxima protección posible a todo o persoal”.

Ademais, Ribeira Saúde lembrou que, para os traballadores que están “en primeira liña de atención a pacientes con COVID-19”, puxo en marcha un programa de “apoio emocional”, co nome #NosCuidamos que, entre outros centros, xa está a funcionar no hospital vigués.

En Povisa sérvense comidas e bebidas gratuítas nas áreas de descanso do persoal e Ribeira Saúde apostou por financiar todas as comidas do día dos traballadores, estean ou non de garda, e aprobáronse medidas especiais de reorganización de quendas para aqueles profesionais que se atoparon con dificultades para conciliar traballo e familia, co peche de todos os centros escolares.

O grupo instaurou tamén o complemento da baixa por Incapacidade Temporal relacionada co COVID-19, para cubrir o 100% do salario dos profesionais nesta situación. Por último, Ribeira Saúde lembrou a activación da web rsc.riberasalud.com, onde se poden enviar mensaxes de texto, de voz, vídeos ou debuxos dirixidos a profesionais e pacientes, para transmitirlles ánimos e bos desexos.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...