InicioVigo e contornaRedondelaTemor a un contaxio masivo no centro para discapacitados de Chapela tras...

Temor a un contaxio masivo no centro para discapacitados de Chapela tras confirmarse xa 7 positivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xa fomos avisando nestes pasados días. A CAPD de Chapela non cumpría os servizos básicos de hixiene e o pasado mércores 25 aumentaba o número de contaxiados por coronavirus. Á mañá deste xoves 26 hai novos casos de contaxios no Centro de Atención para Persoas con Discapacidade da zona.

Son un total de 7 contaxiados por coronavirus no centro. Os dous novos casos son dous coidadores da segunda planta que estaban na casa estes días, que entraran en contacto co primeiro positivo.

Pese as insistencias dos traballadores, a planta non se desinfectou ata o pasado mércores 24. Unha coidadora do centro pensa que “caerán todos os da planta e a xente nova contratada que está indo á mesma”. Ademais, a mesma coidadora asegura que “estamos á espera de novos positivos” xa que “as camareiras, limpiadoras e o equipo de mantemento do centro están na casa e non se sabe nada delas”.

CEN BAIXAS LABORAIS

Xustificando o estrés da situación, un total 100 persoas colleron a baixa esta semana, tal e como aseguran as fontes consultadas. “Había que facerlle as probas e se non dan positivo no coronavirus deberían ter que ir a traballar. Imos a ter unha carga de traballo enorme“, sinala unha coidadora do centro.

A causa, segundo a mesma traballadora é “porque son xente nova e non aguanta os casos cos que tratamos. Hai postos nos que xa houbo ata tres substitucións”. “É unha fuxida de paxaros”, conclúe.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...