InicioSociedadeO PSdeG sae en defensa da médica sancionada: "Agora máis que nunca...

O PSdeG sae en defensa da médica sancionada: “Agora máis que nunca hai que coidar aos profesionais”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, saíu este mércores en defensa dos profesionais sanitarios que “día a día se xogan a súa saúde” tentando salvar vidas, e, aínda así, reciben sancións por parte da Xunta, tal e como lle aconteceu a unha profesional da área sanitaria de Vigo. Sanción que apoio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Nunha rolda de prensa telemática, Caballero salientou que o persoal sanitario “está facendo un gran traballo” para paliar unha crise “complexa logo dos grandes recortes en sanidade, en recursos, en persoal” durante os últimos gobernos de Feijóo.

Os profesionais contan con todo o noso apoio, respaldo e recoñecemento. E cando un profesional da sanidade pública, con risco de poder contaxiarse, alerta nas redas sociais de determinados erros, é unha magnífica profesional porque está cumprindo coas normas”, dixo. “E a liberdade de expresión é compatible con respectar esas normas”, engadiu. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...