InicioSociedadeHabilitado o pavillón do Berbés con 38 camas para persoas sen teito

Habilitado o pavillón do Berbés con 38 camas para persoas sen teito

Se as prazas xa habilitadas non son suficientes, o Concello está en disposición de abrir outro pavillón municipal para persoas sen fogar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo habilitou o pavillón municipal do Berbés para atender  persoas sen teito, con 38 camas e outros servizos, que se suman ás prazas xa ocupadas no albergue (38), na Fundación Santa Cruz (38) e en varios hostais (24).

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que xa este martes se aloxarán no pavillón 20 persoas, onde disporán de camas, zona de aseo, alimentos e onde quedarán confinadas. “O concello de Vigo non vai deixar a ninguén sen atender. Levamos dúas semanas atendendo a toda a cidade, tomando medidas e preocupándonos polas persoas”, dixo

O rexedor explicou que esta instalación deportiva xa foi desinfectada e conta con 38 camas, gardando a separación de seguridade correspondente. Á entrada do pavillón, habilitouse unha zona de recepción para identificar as persoas que van ser acollidas alí; unha vez dentro, os usuarios “deberán pasar pola ducha”, para o que se lles facilitarán ‘kits’ de hixiene, albornoces e chanclas.

Ademais do aseo e o aloxamento, o pavillón contará cunha zona de comedor, e as persoas aloxadas terán servizo de almorzo (con máquinas de café, leite, chocolate, pastelería, etc.), comida (trasladada desde a cociña do albergue municipal) e cea (entregaráselles un bocadillo, froita e algún doce).

Instalacions para os sin teito no pabellon do Berbes © Miguel Nuñez

Este dispositivo contará tamén con material médico e todas as medidas por se algún dos aloxados dese positivo en coronavirus. Un equipo multidisciplinar duns 20 profesionais (educadores, psicólogos, traballadores sociais…) atenderaos.

Abel Caballero avanzou que, se as prazas xa habilitadas non son suficientes, o Concello está en disposición de abrir outro pavillón municipal para persoas sen fogar.

OUTRAS MEDIDAS

Por outra banda, o rexedor anunciou outras medidas de prevención, como as que se porán en marcha nos buses urbanos: habilitaranse como entrada e saída só as portas traseiras, mantense a redución de aforamento ao 30 por cento, reforzaranse as liñas ao hospital e, proximamente, só se permitirá o pago con cartón (PassVigo e outras que expedirá a concesionaria), cando a empresa habilite un sistema de validación.

Así mesmo, Caballero informou de que se amplían as exencións de pago aos servizos educativos que dependen do Concello (escolas infantís, escolas de música, teatro e danza) mentres permanecen pechados pola crise do coronavirus.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...