InicioSociedadeAcusacións de bulos por contaxios masivos en Moaña tras dar positivo un...

Acusacións de bulos por contaxios masivos en Moaña tras dar positivo un enfermeiro de Domaio

A Policía Local de Moaña di que os que difunden bulos "pagarán por elo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Como sabedes circulan polas redes sociais varias informacións acerca da expansión da praga de afectados polo COVID-19 no noso Concello. Dende esta Policía Local advertimos da falsidade da maioría destas “películas”. Cando unha mensaxe comeza co consabido “un amigo, un coñecido, etc díxome…” 100% falso. Facede só caso de fontes oficiais senón a situación vaise complicar porque entraremos en pánico”. Esta é a mensaxe que tivo que publicar a Policía local de Moaña a última hora deste domingo tras a multitude de mensaxes que circularon nas redes ao coñecerse o contaxio dun sanitario do centro de saúde.

Así, algunhas destas mensaxes dicían que este sanitario de Domaio non “tomaba as precaucións necesarias”, que estivera en contacto con 400 persoas e que “se ía contaminar todo Domaio e Meira”. Tamén apuntaban que se ía habilitar toda unha planta en Povisa “para atender todo o que se vai liar en Moaña”.

“Dicir que o enfermeiro infectado era tal o cual, que non tomaba as precaucións necesarias é unha calumnia e, dende logo, cando pase esta situación os autores destes bulos pagaran por elo”, tivo que saír ao paso a Policía Local.

Tamén desde o colectivo sanitario destacan que o enfermeiro utilizou as “medidas preventivas que o Sergas lles marca” e que “non soubo que estivera contaxiado ata o xoves”. Sobre o de Povisa, destaca que, “igual que todos os hospitais, estanse preparando para o aluvión de persoas contaxiadas que se espera”. Por outra banda, o centro de Saúde de Domaio comezou a ser desinfectado.

ÚLTIMAS

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...