InicioPolíticaO PSOE pide sancionar a Corina Porro por dicir que os seus...

O PSOE pide sancionar a Corina Porro por dicir que os seus fillos incumpren o Estado de Alerta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo remitiu un escrito á Xunta e á Subdelegación do Goberno en Pontevedra no que solicita abrir un “procedemento sancionador” á delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, por “incumprir” as normas do Real Decreto Lei polo que se declarou o estado de alarma.

Segundo manifestan os socialistas neste escrito, o 20 de marzo apareceron no periódico Faro de Vigo unhas declaracións nas que Corina Porro comentaba “como transcorría a vida” durante o estado de alarma.

Nelas, a delegada explica que “en festivos” o seu tres fillos “veñen” e botan “unhas partidas”. Por mor destas declaracións, o PSOE de Vigo considera que “corresponde” abrir un “procedemento sancionado” polo “manifesto incumprimento” da orde de permanecer en casa que teñen todos os cidadáns do Estado.

Argumentan que “en circunstancias como estas resulta imprescindible o deber de exemplaridade dos cargos públicos” e a condición de cargo público de Corina Porro “agrava” a situación.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...