InicioSociedadeUnha muller infectada dá a luz en Vigo a un bebé san...

Unha muller infectada dá a luz en Vigo a un bebé san e ambos atópanse “ben”

O recén nacido foi sometido ás probas e deu negativo en coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha xestante ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo desde hai días, e que deu positivo en Covid-19, deu a luz nas últimas horas a un bebé san, que foi sometido ás probas e que deu negativo en coronavirus.

Así o confirmaron fontes do Sergas, que precisaron que a nai ingresou hai uns días no hospital tras dar positivo na proba do coronavirus. As mesmas fontes indicaron que se lle “reprogramou” o parto e se lle realizou unha cesárea.

O bebé naceu ás 35 semanas de xestación e, aínda que é prematuro e debe someterse ás precaucións debidas por esa condición, está san, xa que as probas do Covid-19 no seu caso deron resultado negativo.

Sanidade trasladou que ambos se atopan “ben” e que, mentres que o recentemente nado permanece ingresado na unidade de Neonatoloxía, a súa nai seguirá tamén o hospital, e “evoluciona favorablemente”.

O caso deste bebé é o primeiro de Galicia dunha xestante afectada polo virus e que dá a luz a un bebé san.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...